Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A iniciativa naceu fai 10 anos para axudar ós diagnosticados de alzhéimer e nenos con discapacidade ou problemas psíquicos // O animal, que se atopa en perigo de extinción, ten cualidades moi beneficiosas para as persoas TEXTO Javier Salutregui

Curioso: campamentos de verán e terapia con burros en Lamas

No val da Maía, situado na aldea amesá de Lamas, encóntrase O Fogar do Meu Burro, un espazo no que se realizan actividades para familias, visitas en grupo, colexios, asociacións, terapias, campamentos... onde o principal protagonista é o burro.

O proxecto naceu a finais do ano 2011, a mans do músico e terapeuta Tomás Rábanos, co obxectivo de axudar a persoas con alzhéimer e nenos con discapacidade mediante a asinoterapia. “Yo quería hacer algo en la naturaleza y no sabía muy bien el qué” sinala Tomás. Finalmente a súa inspiración veu da súa infancia; como era fillo de labregos rioxanos tiñan burros na casa e pensou que “un trabajo con animales sería bonito”. Ademais, confesou que “de pequeño vi con mi abuela la película de Platero, basada en la obra de Juan Ramón Giménez, y siempre tuve la idea de que era un animal muy entrañable”.

Grazas aos veciños de Lamas, quenes lle prestaron inicialmente o terreo, puido comezar a executar as súas tareas didácticas, que na actualidade xa recibiron visitas de diversos colexios, asociacións e outras entidades como o CEIP A Maía, o IES Antón Fraguas, a escola infantil A Magdalena e a Asociación española de familias de personas con sordoceguera (APASCIDE). A entidade dispón dunha pradeira de 4.000 metros cadrados, unha pequena fraga e unha casa que usan para dar paseos pola natureza en compañía dos burros, celebrar aniversarios ou realizar campamentos de verán destinados a nenos de entre 4 e 16 anos, nos que se fan actividades como coidar e alimentar aos animais, aprender a cociñar, tocar música, facer instrumentos musicais, e propostas artísticas con pintura ou barro. Dende a páxina do Fogar do Meu Burro recordan que “non debemos esquecer que o burro é parte da nosa cultura, e de todas as culturas”, e animan a aprender acerca da súa etoloxía, as súas necesidades e a comunicarse con eles.

TERAPIA. A asinoterapia, tamén chamada asnoterapia, é un tipo de terapia asistida con animais que busca axudar ás persoas que padecen discapacidades, problemas psicolóxicos e mentais, ou problemas para relacionarse con outras persoas. Consiste en levar a cabo actividades cos animais, adaptadas ao grao de discapacidade do paciente.

O máis habitual neste tipo de terapias é empregar cans e cabalos, pero Tomás se decantou polos burros debido ao seu cariño por estes animais que na actualidade se atopan en perigo de extinción. “Miré en internet y vi que en los años 70 The Donkey Sanctuary ya empezó a trabajar terapias, investigadas por neurólogos y muy avaladas”, sinala Tomás, quen nese momento decidiu formarse en Portugal para iniciar o seu proxecto, onde descubreu que pola súa etoloxía o burro era moi bo para as terapias. “Es un animal tranquilo, inteligente y muy cariñoso. Como trabajo con autismo buscaba un animal que acepte mucha caricia. Un perro también la acepta, pero un caballo no tanta; por lo que el burro es un animal ideal para abrazar y acariciar”, declarou.

“Al burro se le conoce como el caballo del pobre, porque es fácil de mantener, trabaja mucho y es muy barato. En las familias más humildes no había un caballo, pero sí había un burro”, remarcou. Ademais, criticou a mala fama que teñen aínda a día de hoxe estes animais, xa que o mesmo termo asinoterapia “proviene de la palabra asinus. Etimológicamente es una palabra despreciable porque significa animal sin sentimientos, por lo que históricamente el burro estuvo catalogado como un animal sin sentimientos”.

26 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.