Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Curso de aproximación á lingua e cultura galega para os novos amesáns

A Maía. A actividade En galego, co teu acento!, que busca aproximar a veciñanza á lingua e á cultura galegas, así como favorecer a cohesión social e a integración das persoas procedentes de fóra de Galicia, ten aberta as anotacións dende este martes ata o xoves 10 de marzo.

Deste xeito, tanto Bertamiráns como O Milladoiro acollerán cadanseu obradoiro dun mes de duración, con 15 sesións de dúas horas nas mañás dos luns, mércores e venres. As inscricións, de balde, poden realizarse presencialmente acudindo ao Servizo de Normalización Lingüística, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ou á oficina do Servizo de Atención ás Persoas Migrantes (SAMI), situada na rúa de Abaixo, número 10, do Milladoiro. Tamén poderá formalizarse chamando por teléfono ao número 662 377 215.

Este obradoiro volve un ano máis para achegar a lingua e a cultura galega a unha parte da veciñanza procedente de fóra de Galicia ou que por diferentes motivos non tivo oportunidade de coñecela. Implicando ás concellarías de Normalización Lingüística e Benestar Social, o curso tamén está aberto a calquera outra persoa interesada na lingua e cultura galega.

Práctico e participativo, ten unha duración de 30 horas e desenvolverase en horario de mañá, os luns, os mércores e os venres. Primeiro será a quenda na capital, dende o 14 de marzo ata o 13 de abril, no Pazo da Peregrina, e dende o 20 de abril na casa da cultura da meirande urbe. M.M.

02 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.