Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Curtes para mellorar o vial de Bastavaliños estes días

a Maía. Pablo Lago Sanmartín, alcalde de Brión, visitou o inicio das obras de pavimentación da travesía de Bastavaliños, unha actuación adxudicada á empresa Francisco Gómez y Cía SL por 92.236,36 euros, e incluída no Plan Único de Concellos POS+2021. Uns traballos que se iniciaron esta semana coa demolición dos redutores físicos de velocidade e dos pasos de peóns elevados, así como daqueles treitos da senda peonil que darán acceso aos novos pasos de peóns elevados.

O mandatario local explica que “ademais de mellorar o estado do firme da travesía de Bastavaliños, imos aproveitar tamén para colocar algúns dos redutores de velocidade. Buscaremos que non estean tan pegados ás vivendas, xa que iso xera ruídos e molestias para a veciñanza, sobre todo pola gran cantidade de tráfico pesado que soporta esta estrada”. O vial terá restrinxida a circulación (salvo ós residentes), esta semana ata rematar a pavimentación. M. O.

16 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.