Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Danza para toda a veciñanza con ‘DeMente’ e ‘Bailar agora’ no Milladoiro

Ames. A danza protagonizará a programación cultural de Ames para abril, con dous espectáculos na casa da cultura do Milladoiro. O primeiro será DeMente, este venres 1, con dúas sesións ás 17.30 e ás 20.30 horas. O outro chámase Bailar agora, da compañía Marta Alonso Tejada Traspediante, e chega o 22 (20.30 h.).

A proposta de danza tradicional da compañía Fran Sieira, tratará de mostrar o estigma que sofren e sufriron as persoas que padecen trastornos mentais. Forman parte da compañía Aida Tarrío, das Tanxugueiras, así como os dous bailaríns que acompañaron ao grupo no Benidorm Fest, Fran Sieira e Artur Puga. As entradas para ambos espectáculos xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames.

Proseguindo con DeMente, trátase dunha obra de baile e música tradicional galega que busca retratar a realidade dos estigmas aos que se enfrontan as persoas que sofren trastornos mentais, que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) afectan ao longo da vida ao menos unha de cada catro persoas.

O espectáculo, que conta cun elenco de oito bailadores, amosa ao longo dunha hora a historia e a evolución do trato cara a estas persoas, dende a reclusión, as contencións químicas, os suicidios, a explotación das persoas enfermas, ata a chegar á exteriorización dos nosos días.

Tamén aporta un espazo para a reflexión sobre como se reacciona ante as persoas con trastornos mentais e a súa integración. M. Outeiro

31 mar 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.