Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

De Ames a Santiago polo Camiño da Diversidade

AMES. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou este sábado na VIII edición do Camiño da Diversidade, unha actividade educativa e de ocio organizada dende a Fundación Ingada, coa colaboración da Asociación Xuvenil Atlántica. O obxectivo desta andaina, segundo explicaron os reponsables, é sensibilizar á cidadanía sobre a diversidade e facilitar a integración de todas as persoas.

Os participantes nesta iniciativa percorreron unha etapa do Camiño de Santiago desde o concello de Ames ata a praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, na que puideron apreciar o patrimonio que existe na Ruta Xacobea.

Ademais de chamar a atención á sociedade sobre a diversidade, a través desta actividade procúrase potenciar valores como os da solidariedade, o respecto, o compañeirismo e a vida saudable, segundo explican os organizadores.

A chegada á Praza do Obradoiro Jacobo Rey destacou o traballo da Fundación Indaga na atención integral ás persoas afectadas polo TDAH e trastornos asociados, así como o apoio que presta ás familias. N

Neste sentido, o director xeral garantiu a continuidade do apoio da Xunta de Galicia a iniciativas como esta que achegan a realidade destes colectivos ao conxunto da sociedade. matizou o director xeral. arca

03 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.