Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 24 enero 2022
19:21
h

Defensa persoal coa Deputación para as mulleres de 14 ata 70 anos no Milladoiro

Pódese entregar o impreso da web nos dous rexistros municipais ata o vindeiro día 30 de xaneiro, e é de balde

A Maía. A Deputación da Coruña organiza oito edicións ao longo da provincia dunha actividade na que as mulleres dos 14 aos 70 anos poderán aprender técnicas e estratexias para defenderse ante posibles agresións. E Ames acollerá este curso intensivo de catro horas o sábado 26 de febreiro, entre as 10.00 e as 14.00 horas, no pavillón polideportivo municipal do Milladoiro. Para inscribirse de balde cómpre entregar a solicitude da web cuberta nos rexistros municipais ata o 30 de xaneiro.

As mulleres que asistan á actividade participarán nun curso intensivo impartido durante toda unha mañá, no que se crearán varios grupos de traballo para facilitar a aprendizaxe e a práctica. En primeiro lugar, realizaranse exercicios de quecemento e ensinarase como situarse, afianzarse, saber caer e erguerse, manexarse no chan, moverse e desprazarse e manter a distancia.

Unha vez coñecidas estas e outras técnicas de autodefensa, pasarase á parte estratéxica, na que se establecerá un protocolo de actuación que impida bloqueos e facilite a reacción de resposta. Así, daranse indicacións e consellos ás participantes sobre como distraer, sorprender, enganar, rexeitar, reaccionar e pedir axuda.

Para realizar a actividade, dirixida a mulleres de entre 14 e 70 anos empadroadas en calquera concello da Coruña, recoméndase asistir con pantalón deportivo e camiseta, roupa cómoda e se fora posible, evitando cremalleiras. Durante todo o curso será obrigatoria a máscara. A inscrición pode realizarse ata o 30 de xaneiro, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, nos rexistros municipais da Casa do Concello de Bertamiráns, das oficinas municipais do Milladoiro, ou ben a través da sede electrónica do Concello de Ames, entregando a solicitude que aparece na web cumprimentada (e se son menores, incluirán os datos e sinatura tamén dos titores). M. Outeiro

15 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.