Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Deixa a Corporación dubresa a edil Celsa Oreiro, ‘histórica’ de Anova

Recoñece que a súa implicación política “pasa factura” e alude a uns motivos persoais

Xallas. Despois de varias lexislaturas no concello de Val do Dubra, a edila Celsa Oreiro Bermúdez (Anova), decidiu deixar o seu posto na Corporación, por motivos estritamente persoais. Non sabe o que pode traer o futuro, pero indica que “necesito un tempo de distanciamento, desintoxicarme un pouco”.

Recoñece que a vida política “pasa factura” sobre todo “para unha que se implica moitísimo”, e destaca o “grupo moi potente” que hai no partido no que milita, e vaise coa satisfacción de que “fixemos todo o que poidemos”, con especial incidencia nos catro anos de goberno de Antonio Negreira: “Tiñamos un proxecto para Val do Dubra que se frustrou” e que padeceu “un hándicap enorme de ter catro secretarios munipais diferentes”, indicaba.

Lembra que se impulsaron políticas de igualdade, actividades culturais, a loita pola Variante de Aradas e as reformas nos colexios, a xestión do proxecto das vivendas dos mestres de Portomouro ou a recuperación dos corpos dos veciños republicanos da fosa de Paramos. A pesar de que tamén hai sinsabores, Checha pensa que pagou a pena: “Non é tempo perdido. A política é moi gratificante. Eu sempre a entendín como unha labor social”. E sobre o executivo actual, pensa que o goberno dubrés “non está facendo todo o posible”. x.m. lema

15 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.