Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Destinan 246.000 euros a mellora dos interiores e dos accesos de Ventín

ames. Os accesos e os camiños interiores do lugar de Ventín gozarán dunha importante mellora nos próximos meses, despois de que a xunta de goberno local aprobase a licitación dun proxecto que parte cun orzamento base de licitación de 246.910,06 euros. Neste senso, a comezos de mes remataron unhas obras similares en Firmistáns, na parroquia de Bugallido, nas que se investiron 132.967,92 euros, mentres que en febreiro foi adxudicada unha mellora nos accesos do Portanxil, en Trasmonte, por un importe de 51.340,70 euros. A través deste proxecto, actuarase nas principais vías de acceso a Ventín, situadas nas zonas leste e sur do lugar, e formadas por treitos de 55,80 e 100 metros. No caso dos viarios do leste, mellorarase a capa de rodaxe, reparando as fochancas con grava e tratamento asfáltico, e aplicando 5 cm. de mestura bituminosa en quente. No caso do acceso dende o sur, de 100 metros de lonxitude, empregarase a mesma solución para o arranxo das fochancas, e aplicarase un tratamento asfáltico superficial e unha rega de selado para a mellora da capa de rodaxe deste treito. Ademais, nas dúas vías do leste, de 55 e 80 metros de lonxitude, construirase unha gabia de seguridade de 135 m. e unha berma formigonada de 55 m. arca

03 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.