Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Devolven á Deputación a reforma negreiresa das Brañas por ter un erro

Terá que volver a ser licitado despois de que aprobe o cambio a Institución coruñesa

Negreira. Despois de que a xunta de goberno e o pleno de Negreira aprobaran o proxecto de acondicionamento e axardinamento da praza das Brañas (orzamento base de 250.573 €), a alcaldía vén de suspender a súa licitación e devolvelo á Deputación tras detectar un erro técnico.

Segundo o documento, firmado o día 5 deste mes, advertiuse que no apartado 1.12. desa obra, incluída no POS adicional de 2019, aparecía dentro da clasificación do contratista (concretamente no apartado B) un subgrupo erróneo, xa que en lugar do 6 debía constar o 4 (que é o que atinxe a elementos metálicos dentro das infraestruturas de pontes, viadutos e grandes estruturas en xeral).

Esta obra, destinada a humanizar o parque, incorpora cubertas en parte do espazo para facilitar o uso das áreas de ocio aínda que chova.

Deste xeito, optouse por adoptar acordo de desestimento do procedemento tal coma fora aprobado; ordear a súa rectificación e remitilo xa emendado á Deputación Provincial da Coruña para a súa aprobación. Posteriormente, haberá que acometer unha nova licitación, sempre según o documento que aparece firmado polo mandatario local, Ángel Leis Míguez. o.d. vilar

27 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.