Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dez locais participarán no Saborea Padrón 2021

Padrón. O Concello de Padrón ultima os detalles dunha nova edición de Saborea Padrón, o tradicional concurso de tapas que este ano terá lugar durante catro días: os venres 5 e 12 e os sábados 6 e 13 de novembro. Unha edición na que participarán un total de dez establecementos, que presentarán tapas elaboradas cos produtos máis apreciados do municipio e cos que buscarán sorprender á súa clientela.

A concelleira de Turismo, Lorena Couso, agradeceu a participación dos hostaleiros e amosouse convencida de que “a ruta de tapas será un foco de atracción de visitantes grazas ao gran nivel da gastronomía padronesa. Estou segura de que os locais participantes volverán amosar o seu bo facer nos fogóns e que iso fará que moita xente da contorna se achegue”.

Os locais participantes en Saborea Padrón 2021 son: A Filoxera, Bámbola, Café Cultural Airiños, Café Século XX, Panadería San José, Pulpería Rial, Restaurante Chef Rivera, Restaurante O Santiaguiño, Retro Visor e Ruta Xacobea. O custo das tapas será de 2,5 euros e os horarios de degustación son: os venres, de 20.00 a 23.00 horas; e os sábados de 13.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 23.00 horas.

Todas as persoas que desexen participar no concurso deberán recoller o seu Pasaporte na oficina de turismo municipal ou en calquera dos establecementos participantes. Un documento que deberán selar en, cando menos, tres locais. arca

19 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.