Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Disfrutarán con contacontos e o Doutor Milagre en Bugallido

Ames. O pasado xoves arrincou o agosto dos Seráns de Ames cunha nova proposta de artes escénicas na praia fluvial de Tapia, desta volta cunha sesión de teatro na rúa. A illa sen tesouro foi o espectáculo co que a compañía Ghazafelhos despregou a súa maxia, cunha escenografía dinámica que está en constante transformación.

Ademais desta proposta, os Seráns de Ames contan con tres paradas máis no mes de

agosto. Este xoves 11, o campo da festa de Bugallido acollerá unha sesión de contacontos con Bibiana Calvo e Divina Fernández e o espectáculo titulado A tropa do Doutor Milagre.

Os Seráns volverán a Tapia en dúas semanas, o xoves 18, coa Foliada do programa Apego e a actuación de Pablo Díaz e Olga Kirk.

E xa para rematar, o último xoves do mes, o día 25, a parroquia de Bugallido pechará a programación cun espectáculo de maxia que será o broche de ouro desta edición dos Seráns de Ames. m.b.

09 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.