Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Divulgan a loita obreira co documental ‘10 de marzo’

A Maía. A concellaría de Cultura de Ames continúa a súa aposta polo cinema galego coa proxección do documental 10 de marzo, este mércores 23 no auditorio de Bertamiráns, ás 20.00 horas. Forma parte da programación cultural do Concello para este último trimestre, en colaboración coa Deputación da Coruña. O filme dura 80 minutos, está dirixido por Roi Cagiao, tamén creador da película Vigo 1972, e xira arredor da figura dos traballadores do estaleiro, que se manifestaron o 10 de marzo de 1972 polo centro de Ferrol como protesta ante a falta de avances no convenio que estaban a negociar coa empresa. Durante a xornada, a Policía da Armada, que intentou interceptar a marcha fronte á resistencia dos obreiros, disparou á multitude, deixando feridos e dous mortos: Daniel Niebla e Amador Rey. Os convites xa se poden retirar de balde a través da billeteira electrónica do Concello de Ames, ou o día de emisión na casa da cultura de Bertamiráns. m.m.

21 nov 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.