Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dixicontos online e Foliada con Apego na Peregrina

A MAÍA. As dúas bibliotecas municipais seguen a organizar unha serie de sesións de contacontos infantís na rede todos os mércores. Baixo o título de Dixicontos, os usuarios poderán acceder a esta actividade a través da páxina de Facebook da biblioteca. Este mércores, 5 de maio, pódese ver o conto Coco y la luna, de Emilio Urberuaga. E continuarán o día 12 de maio co conto La vocecita, de Michael Escoffier. O 19, as animadoras á lectura narrarán Riciños de oso, e o mércores 26, lerase o clásico Os tres porquiños.

Aparte desta programación, hai que lembrar a Foliada con Apego que acollerá o Pazo da Peregrina este venres, a partir das 18.00 horas, para as familias que desexen educar en galego aos seus cativos. Os asistentes gozarán dun encontro para bailar, cantar e tocar cancións galegas, e que teña instrumentos tradicionais poderán usalos. As anotacións por email acaban este xoves (normalizacion@concellodeames.gal). m. outeiro

06 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.