Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dodro acolle desde o venres a exposición de fotos ‘A Mar de Ben’

A mostra de Roxelio Pérez será inaugurada o 24, as 13.00 horas, na Casa do Concello

Dodro. O Concello de Dodro inaugura o vindeiro venres, 24 de setembro, ás 13.00 horas, na Casa do Concello a exposición fotográfica A Mar de Ben de Roxelio Pérez Moreira. O autor da mostra e doutor en Ciencias Biolóxicas, ex-profesor do Departamento de Edafoloxía da USC (1984-2021) e fotógrafo da Natureza, do patrimonio natural e paisaxístico de Galicia.

Nas palabras do seu autor, esta mostra retrata a simbiose que ten o noso territorio co medio mariño: “Galicia aproa ao mar e con moitos quilómetros de periferia marítima. A nosa costa é sinuosa, sumamente recortada e variada, con moi diversas configuracións morfolóxicas e ecolóxicas, debullándose cabos, rías, acantilados, praias, marismas, lagoas litorais e illas, ao que se suman as das circundantes profundidades mariñas. Temos no noso mar unha extraordinaria riqueza, na bioloxía, na economía e na paisaxe”, relata.

O Concello enmarca a celebración do Día Marítimo Mundial, efeméride que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas estableceu o cuarto xoves do mes de setembro de cada ano, no proxecto Dodro Sostible, iniciativa municipal que ten como centro de interese a divulgación ambiental como estratexia para o desenvolvemento dunha conciencia colectiva e dunha acción comunitaria orientada á conservación do medio natural.

A mostra A Mar de Ben permanecerá aberta ao público nas dependencias da Casa do Concello ata o 24 de novembro, entre 9.00 a 14.00 h. s. e.

20 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.