Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 20 junio 2021
22:25
h
un concello sostible. Desde a súa chegada, o novo equipo de goberno desenvolve un plan que permitiu mellorar a calidade do servizo e a concienciación cidadá TEXTO Sol Elvira

Dodro avanza en reciclaxe e recollida selectiva de lixo

Cada día son máis os concellos galegos que apostan por una recollido de lixo selectiva e por concienciar á súa poboación sobre a importancia da reciclaxe, unha das maneiras maís eficaces de respectar o medio natural e de prever situacións como a do cambio climático. E por elo aposta forte un pequeno concello da comarca do Sar, Dodro, cuxo equipo de goberno, un tripartido integrado polo PSdeG-PSOE, BNG e Unidade Veciñal, estableceu desde a súa chegada un plan ben definido neste ámbito, unha iniciativa que xa está a dar os seus froitos, según as últimas estatísticas difundidas polos responsables municipais.

O obxectivo, segundo explican desde o Concello, é buscar a actualización do servizo de recollida que se presta e a conseguinte eficacia do mesmo. Entre as actuacións que o novo goberno puxo en marcha desde que se iniciou o mandato están a revisión das rutas de recollida, a reposición de contedores, a revisión da “calidade do lixo” e a formación en compostaxe, así como a distribución de trinta composteiros e diferentes charlas informativas levadas a cabo para a sensibilización da veciñanza en canto á importancia da recollida selectiva e o aforro económico que pode supoñer.

Logo de catalogar e situar os diferentes tipos de contedores, procedeuse á substitución daqueles que se atopaban en mal estado e á instalación doutros novos en puntos onde non había ou onde os existentes non cubrían as necesidades. Desta forma renováronse e incrementáronse o número de contedores de vidro, envases e de papel e cartón.

Todas estas accións tiveron o seu efecto e agora os responsables municipais veñen de confirmar uns datos sumamente positivos en canto á recollida do lixo no concello de Dodro durante o pasado ano 2020. Se estes datos se comparan cos rexistrados nos anos 2019 e 2018 revelan un aumento notable na cantidade total depositada nos contedores amarelos, azuis e de vidro, incrementando nun 24,75 por cento a cantidade recollida nestes.

Pola contra, reduciuse a cantidade de lixo orgánico enviado a Sogama procedente do contedor verde, concretamente un total de 66.000 quilogramos, que supoñen unha diminución do 8,08 por cento.

“Isto mostra a concienciación en materia de reciclaxe e selección do lixo”, din orgullosos ao respecto os responsables municipais.

Dende o Concello de Dodro, o equipo de goberno “agradece enormemente a colaboración da veciñanza nun labor tan importante que contribúe á conservación e sostibilidade do medio ambiente e tamén a un mellor aproveitamento dos recursos municipais” . E é que este aforro será canalizado noutros servizos que redunden no ben da poboación dodresa, algo que “alenta a continuar traballando nestas tarefas que fan de Dodro un lugar mellor para vivir”, sinalan as mesmas fontes.

ECONOMíA CIRCULAR. Fortalecer a concienciación cidadá con respecto ao medioambiente é un labor fundamental que se debe facer dende os distintos concellos.

Apostar pola reciclaxe, eliminar os puntos incontrolados e xestionar os residuos son as bases para favorecer un desenvolvemento local sostible, e iso parecen telo moi claro no goberno local de Dodro.

É a aposta pola chamada economía circular, unha estratexia económica e produtiva que ten por obxectivo a redución ao máximo do uso de materias primas nos procesos de produción e con elo minimizar a xeneración de residuos non reciclables. Trátase, en definitiva, dun sistema de aproveitamento dos recursos cuxo piar básico é o coñecido como as catro R: reducir, reutilizar, reparar e reciclar. Dito noutras verbas: a economía circular pretende superar o modelo produtivo tradicional, baseado en grandes cantidades de recursos, por unha alternativa viable e eficiente que logre minimizar o impacto medioambiental.

Con este importante modelo de xestión dos recursos e os residuos, a economía circular establece un circuíto circular para evitar o despilfarro de recursos que se sucede na industria produtiva. Con elo, este modelo económico polo que agora se aposta otorga unha gran relevancia cada vez maior ao beneficio social e medioambiental en busca da necesaria sostibilidade.

08 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.