Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A través do programa sostible e da Unidade de Prevención de Condutas Adictivas o Concello desenvolveu un proxecto co motivo do Día da Saúde // Entre outros, recolléronse cabichas que permitiron aforrar uns 100.000 litros de auga TEXTO S. E.

Dodro busca concienciar sobre a contaminación que xera o tabaco

Con motivo da celebración do Día Mundial da Saúde, o 7 de abril, o Concello de Dodro co seu programa sostible e a Unidade de Prevención de Condutas Adictivas de Dodro, Padrón, Rois e Valga crearon o proxecto Tabaco, pegada ambiental e saúde. Trátase dunha iniciativa coa que buscan concienciar sobre a que consideran unha das principais causas de contaminación e lixo do mundo: o consumo de tabaco. O proxecto tivo como finalidade dar a coñecer a contaminación que pode xerar o tabaco en todo o seu proceso, dende o cultivo ata que se converte en residuo, e os problemas de saúde que acarrea.

Así, e a través de diversas actividades, fíxose chegar a colectivos o programa. Iniciouse o día 22 de marzo co reparto de colectores para as cabichas nas empresas máis grandes do Concello de Dodro e nos locais de hostalaría do mesmo, “desta maneira, conseguimos que parte das cabichas que ían parar ao chan, se recolleran nun recipiente específico, reducindo así a contaminación que estas xeran”, explican na administración local. A este mesmo colectivo, facilitóuselle o día 7 un tríptico informativo sobre os problemas de contaminación que causa o tabaco.

O segundo paso foi a recollida de cabichas e paquetes de tabaco por diferentes zonas de Dodro con dous colectivos diferenciados, primeiro, o día 29 de marzo coas persoas usuarias da asociación Andaina Prsaúde mental, e posteriormente, o 6 de abril co alumnado de 5º de Primaria e de 3º da ESO do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro. A finalidade desta actividade era concienciar da grande cantidade de residuos do tabaco que acaban tirados en zonas naturais ou urbanas da zona. “Debemos ter en conta que cada cabicha que remata no chan pode contaminar ata 50 litros de auga potable, o que supón que, con esta recollida, se salvaron 100.000 litros de auga, cantidade necesaria para abastecer á poboación do Concello de Dodro durante 18 días”, dín.

O último paso deste proxecto consistiu na creación duns contidos informativos en formato dixital sobre a pegada do tabaco no medioambiente e na saúde, que se presentou en Dodro o día 7 de abril e se fixo chegar aos seguintes centros educativos: CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, IES Camilo José Cela, IES Macías o Namorado de Padrón, CPI dos Dices de Rois e IES de Valga, CEIP Baño-Xanza e CIP Xesús Ferro Couselo de Valga, así como á sede da Asociación Andaina de Dodro. Tamén se presentou nas redes sociais, tanto de Dodro coma da propia páxina de Facebook da Unidade de Prevención.

DATOS. Os contidos informativos presentados ofrecen una visión global do proceso que sigue a creación do tabaco facendo fincapé na contaminación, e o dano ambiental e na saúde que provoca. Destacaron datos tan relevantes como que tanto o cultivo coma o curado do tabaco asócianse a unha agricultura destrutiva para o medio, sobre todo en países en vías de desenvolvemento dado que a súa lexislación é máis laxa en canto ao uso de produtos químicos. Zonas nas que faise un uso desmesurado de auga, madeira e de terra de cultivo, aumentando a deforestación. Otro dato destacado e que a contaminación das cabichas ai que engadir os paquetes de tabaco, que conteñen plásticos, blanqueantes, aluminio e tintes entre outros.

“Sen dúbida a erradicación do consumo de tabaco sería a solución máis efectiva, pero tamén a máis drástica. A ferramenta máis poderosa é a educación unida á responsabilidade individual. Tirar unha cabicha ao lixo supón un acto minúsculo, pero significará moito para o medio ambiente e, consecuentemente, para a nosa saúde”

09 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.