Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dodro celebra o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2021

O Concello convocou a trixésimo cuarta edición dun dos certames máis antigos da lingua galega // Pódense presentar as obras ata o 8 de outubro

O Concello de Dodro vén de convocar o XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2021. Este certame, un dos máis antigos da nosa lingua, ten por obxecto honrar a memoria do poeta Eusebio Lorenzo Baleirón -natural desta localidade coruñesa- e tamén contribuír á reafirmación da lírica e a cultura galega. Anualmente, a cita reúne a un número importante de autores e autoras consagrados das nosas letras, así como poetas emerxentes da nosa comunidade.

Este afamado galardón está dotado con 2.500 euros para o primeiro clasificado, comprometéndose ademais o propio Concello a publicar a obra gañadora dentro do ano 2022, nunha editorial de recoñecido prestixio.

Como lanzamento da convocatoria, as bases para participar neste certame foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (número 125, do martes 6 de xullo de 2021) e tamén se atopan dispoñibles para a súa consulta na páxina web municipal: www.dodro.gal.

O prazo de presentación das obras candidatas rematará o vindeiro venres 8 de outubro. Posteriormente, daranse a coñecer publicamente as persoas, de recoñecida obxectividade e competencia no xénero da poesía e na critica literaria, que compoñen o xurado nesta trixésimo cuarta edición.

A resolución do xurado, elexindo o poemario gañador, terá lugar o sábado 6 de novembro, mentres que o acto de entrega do premio será o sábado 11 de decembro, nun encontro institucional que se levará a cabo no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

16 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.