Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dodro conta cun punto limpo móbil para residuos

dodro. O Concello de Dodro vén de adquirir un novo punto limpo móbil que permitirá achegar o punto de recollida de residuos aos núcleos de poboación. Con esta iniciativa, dende o executivo local búscase reforzar o servizo municipal de xestión de residuos ampliando os tipos de refugallos que se recollen de xeito separado para o seu posterior tratamento, cumprindo cos máis esixentes estándares ambientais. Neste punto móbil os dodrenses poden depositar aceite de cociña usado, lámpadas e tubos fluorescentes, residuos de aparellos electrónicos e móbiles, pequenos electrodomésticos, pilas e baterías, ou latas contaminadas. Grazas á posibilidade que ofrece o servizo, o persoal municipal irá trasladando este punto de achega de residuos a sete localizacións diferentes dentro do termo municipal, empezando polo núcleo de Lestrobe e rematando en Teaio, pasando polo recinto do pavillón polideportivo, e por Chenlo, Traxeito, Imo e Bexo. maría rendueles

21 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.