Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dodro debatiu a mellora na xestión da masa forestal

Dodro. O Concello de Dodro reuniu hai uns días a Mesa do Monte na que se debatiu e analizou a mellora da xestión da masa forestal do municipio. Convocada polo Concello, nela participaron Santiago Barros Maneiro, xefe provincial do Servizo de Montes da Coruña; Daniel Rodríguez Cebreiro, responsable económico da Asociación Forestal de Galicia; presidentes Montes Veciñais en Man Común da Cruz do Avelán + Balouta e Fontecova; un representante do Instituto Galego das Terras Comunitarias; o xefe do Distrito Forestal IV, e outros representantes do sector.

Segundo explicaron, Dodro ten moito monte e uns grandes crecementos de biomasa que lle dan moitas posibilidades de xestión dos seus aproveitamentos. Ata o de agora case a súa totalidade adícase a corta de madeira. Por elo, dende o Concello organizouse unha mesa de debate sobre as posibilidades de mellora da xestión forestal. Na mesa, moderada polo alcalde de Dodro, Xabier Castro, falouse do estado de abadono dalgúns montes. Consideran que no momento actual e a falta de finalizar o proceso de concentración parcelaria, as distintas figuras de cooperación entre propietarios poden posibilitar unha mellor xestión destes montes. arca

09 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.