Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dodro despide o verán con Festivalo

DODRO. O Concello de Dodro acolle hoxe unha das grandes citas culturais da comarca para despedir o verán: o Festivalo, que se celebra baixo o epígrafe Resistencia e Alegría! O programa inclúe as actuacións musicais de Secho e Berlai, con cadansúas bandas. Será en Manselle a partir das 21.00 horas. O festival conta co apoio da Deputación da Coruña e máis do Concello. Secho é un artista local que comezou a súa andaina co disco Xa fai un tempo (2016), publicado coa banda imaxinaria Os Invisibles. Estes meses está presentando Recuperar, que está a ter moi boa aceptación. Polo que respecta a Berlai, é o proxecto musical do artista compostelán Xiao Berlai, que vén de dar a coñecer un máis que interesante traballo discográfico xerado e madurado durante o confinamento pola COVID, Cas Berlai, chega logo do éxito de público e crítica do seu primeiro traballo, Desconhecido. Tamén nas Festas de Manselle, ás 16.00, vaise celebrar a derradeira proba da Dodro Liga de Bolos. arca

25 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.