Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 noviembre 2021
17:33
h

Dodro mellora o remanente e reduce débeda no ano 2020

Dodro. A Comisión Especial de Contas do Concello de Dodro informou favorablemente da conta xeral do exercicio de 2020, unha aprobación que se fixo cos votos a favor dos concelleiros do PSdeG-PSOE, da UV e do BNG, e en contra do PP.

Según o Concello, a conta implica un mellor resultado orzamentario de 57.402,26 euros a finais de 2019, a 63.010,61 €, a finais de 2020. Ademais destacan un maior remanente de tesourería que pasa de 120.234,71 €, a finais de 2019, a 242.327,45 o ano pasado. Indican, tamén, que no 2020 Dodro logrou reducir a elevada débeda que deixou a anterior Corporación e rompeu coa senda de crecemento de préstamos na que estaba inmerso. s. e.

02 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.