Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dodro sensibiliza á poboación contra a violencia de xénero

O Concello programa unha semana de actos para concienciar contra esta lacra // Tinguirán de negro todos os espazos públicos con carteis

O Concello de Dodro está a organizar a Semana contra a violencia de xénero. O alcalde Xabier Castro e a concelleira de Igualdade Ana Muñiz, participaron activamente na realización dunha macro campaña de sensibilización en igualdade e loita contra a violencia de xénero composta por dous grandes bloques. O primeiro deles fai referencia a dar continuidade ao Dodro en Negro, respaldando esta campaña por segundo ano consecutivo, dando visibilidade á problemática e tinguindo de negro todos os espazos públicos con carteis e coa adquisión de camisetas representativas e dunha pancarta.

No segundo bloque impulsan un Dodro libre de Violencias Machistas, entregando aos diferentes centros educativos (escola infantil, CRA e CPI E.L. Baleirón) e ao centro de día do libro En Dodro somos iguais e dunha máscara de protección perante a covid-19. Para isto empregouse financiación da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, e do Ministerio de Presidencia, Relación coas Cortes e Igualdade.

A Semana contra a Violencia de xénero conta tamén coa organización da II Andaina que se celebra o 21 de novembro ás 17.00 horas (sendo necesaria a inscrición previa) e co acto instituciónal que se celebrará na Casa do Concello o propio día 25, no que se presentará o almanaque 2021 Dodro en Igualdade, libre de violencias que toda a veciñanza poderá recoller nos diferentes locais municipais. Os actos compleméntanse coa adhesión á campaña De fronte á violencia de xénero da Deputación da Coruña.

A concelleira de Igualdade, Ana Muñiz subliñou “a necesidade de campañas coma esta, con accións de sensibilización tan necesarias, afrontando os tempos de pandemia dende o prisma da igualdade e loita contra esta lacra”.

20 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.