Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Milladoiro cun lume nun piso e unha saída de vía

Brión/Ames. A fin de semana foi movida para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal e Brión, que tivo que saír a dous accidentes de tráfico, e na mañá do domingo acudir a un lume. Tanto o lume nun piso como unha das saída de vía produxeronse na localidade amiense de O Milladoiro. Nos siniestros viais participaron tres técnicos do GES brionés a bordo da Bomba Lixeira Urbana (BUL) e o vehículo de intervención rápida (VIR). O primeiro tivo lugar na Amañecida (Brión) e tratouse dunha saída de vía na que o vehículo chocou cun poste que, ao caer, cortou momentaneamente a estrada. Só houbo que lamentar danos materiais. Horas despois sería a segunda saída de vía na avenida Rosalía de Castro do Milladoiro na que o vehículo implicado volcou ao colidir con outro estacionado. O ocupante foi trasladado ao hospital aparentemente ileso. Finalmente, ás 14.30 horas do domingo o 112 alertou dun lume nun segundo piso no Milladoiro, ata onde se desprazaron tres técnicos co BUL, Bombeiros de Boiro, Policía Local, Garda Civil e unha ambulancia. Ao chegar observaron que saía bastante fume pola fiestra da vivenda e dentro atoparon a campana extractora ardendo. O edificio foi desaloxado por prevención, e so producironse danos materiais .s. e.

31 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.