Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dous Espazos Sonoros traen a Brión música e un itinerario

A Maía. A área de Patrimonio da Deputación da Coruña, xestionada polo BNG, trae ao Concello de Brión unha nova edición do evento Espazos Sonoros. Memoria dos lugares-Voz do tempo. E faino con dúas actuacións: a primeira, o sábado, 3 de setembro, ás 19.00 horas na igrexa dos Ánxeles co Proxecto Dous Mares & Grupo 1500 e, a segunda, o domingo, 18 de setembro, ás 19.00 na de San Xiao de Bastavales con Austrian Baroque Company (incluíndo visita ás 15.30 por terras rosalianas). Os concertos son gratuítos, con entrada libre ata completar o aforo.

A programación propón unha serie de actividades ligadas aos concertos, que permitirán coñecer de preto os espazos nos que teñen lugar e as súas contornas. O castelo de Naraío, o mosteiro de Caaveiro, Borneiro, o dolmen de Dombate, as terras rosalianas ou a lagoa de Sobrado serán os escenarios privilexiados aos que Espazos Sonoros se achegará nesta edición.

Igualmente, o cartel continúa a aposta pola visibilización das paisaxes organísticas, facendo na súa última semana parada en Santiago de Compostela con dous concertos nun dos órganos máis interesantes que se conservan en Galicia, o de San Paio, a cargo de Ana Aguado. M. O.

24 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.