Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dous espectáculos inclusivos o venres nas urbes

A Maía. O consistorio de Ames acolleu a presentación da primeira Xornada de cultura inclusiva Ames, que se vai desenvolver este venres, 27 de maio, nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro organizada polo Concello de Ames e colaboran a Fundación Igual Arte, e mailos establecementos Mayzu Hogar e Máis que Louza, ca xestión da cooperativa Culturactiva.

O programa da xornada está composto por dous espectáculos que se van interpretar ás 17.30 horas en Mayzu Hogar, situado na rúa Travesa do Milladoiro, e ás 19.00 horas en Máis que Louza, situado na praza da Maía en Bertamiráns. Deste xeito, a compañía Vuelta y media representará Vecinos, que é un espectáculo de acrobacia circense, mentres que a compañía Al Lío interpretará Así que é un espectáculo de danza. Estas dúas actuacións representaranse unha a continuación da outra, no Milladoiro e en Bertamiráns.

Trátase de galas interpretadas por persoas con diversidade funcional e que contan cunha duración aproximada de 20 minutos. Están adaptados para ser representados en este tipo de espazos como son os establecementos comerciais. Ademais, ás 20.00 horas, o grupo Chungo Pastel ofrecerá un concerto na praza da Maía, en Bertamiráns. Segundo Fran Rei, de Culturactiva, inclúe “propostas de enorme calidade artística. O grupo Chungo Pastel ofrecerá un concerto para todos os públicos” que creará un gran ambiente no foro exterior da praza da Maía. M. Manteiga

25 may 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.