Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dous murais decorarán A Maía ca perspectiva de xénero do Delas Fest

A Maía. O Pazo de Raxoi foi marco da presentación do primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa, o Delas Fest. Entre o 6 e o 21 de xuño, o proxecto organizado por 7H Cooperativa Cultural, celebra na comarca de Compostela a súa cuarta edición coa reivindicación da igualdade, a democratización da expresión artística no espazo público e o apego ao territorio como sinais de identidade. E farano pintando catro novos murais.

En concreto, a artista plástica lusa Mariana Duarte Santos (Lisboa, 1995), mellorará o barrio compostelán de Amio do 7 ao 2 deste mes de xuño; a uruguaia Cecilia Rodríguez Oddone (Paysandú, 1982), coñecida como Ceciro, creará unha peza na antiga escola unitaria amesá de Firmistáns, do 9 ao 14 de xuño; a vasca Udane Juaristi (Azkoitia, 1985), Udatxo, levará a arte urbana a Francos, en Teo, entre o 14 e o 19 de xuño, e a artista urbana galega Nana encargarase dunha peza na piscina de Brión do 16 e ao 21 de xuño.

Pero hai máis, porque de forma paralela ás intervencións de gran formato, o festival ofrece ás veciñas dos concellos participantes a posibilidade de experimentar, adquirir e perfeccionar técnicas e habilidades a través de tres obradoiros gratuítos de pintura mural dirixidos por artistas profesionais, cun taller da guardesa Tamara Baz en Compostela o sábado 11 de xuño; outro de 7H Cooperativa Cultural sobre iniciación o 12 e o de Fitz Licuado en Teo o 18 e 19. M. Manteiga

03 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.