Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 23 julio 2021
21:41
h

Educación musical dende o río Lérez para os amesáns

A MAÍA. David Santomil, primeiro tenente de alcalde de Ames e concelleiro de Educación, xunto coa concelleira e coa técnica de Mocidade, Escarlata Pampín e Pilar Villaverde, mantiveron unha xuntanza co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e co concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, para coñecer as políticas de Xuventude que se están a realizar na cidade do Lérez, nomeadamente no relativo á programación de actividades formativas que se levan a cabo desde o Local de Música pontevedrés.

Este interese vén dado, segundo explicaron durante a reunión, pola planificación que están realizando desde o tripartito amesán para poñer en marcha unha iniciativa similar, para o que se achegaron a Pontevedra co obxectivo de coñecer de primeira man unha experiencia xa en funcionamento e contrastada. Tamén se interesaron polas Noites Abertas adaptadas a soportes dixitais e telemáticos durante a presente pandemia. o. d. vilar

17 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.