Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Embarcacións tradicionais remontan o sábado o Ulla na honra de Rosalía

PADRÓN. Este sábado uniranse á Inchadiña branca vela embarcacións tradicionais de todo o país, nunha nova homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro, e xa van nove. Subirán Ulla e Sar embarcacións chegadas das rías de Vigo, Pontevedra, Arousa e Ribadeo, ademais da Guarda: gamelas, galeóns, un volanteiro, unha buceta, un carocho, un bote de Ribadeo e dornas de distinto tipo, chamadas pola Fundación Rosalía e a A.C. Dorna da Arousa, coa colaboración dos concellos de Padrón, Dodro e Valga. O percorrido será o de sempre: subirán ás 15.00 horas desde a praia fluvial de Vilarello (Valga) ata Padrón, onde se lle renderá unha homenaxe a Rosalía diante da súa estatua no Espolón. A continuación, ás 19.00 horas, haberá un concerto do grupo portugués Canto d’Aqui na Praza de Macías. S. E.

22 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.