Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

En marcha ‘Namórate de Mazaricos’ para dinamizar os negocios locais

Poderanse gañar dous premios de 125 euros, dúas comidas de 60 e vales cun prezo de dez

Mazaricos. O Concello de Mazaricos organiza por segundo ano consecutivo, en colaboración cos comercios do municipio, a campaña ‘Namórate de Mazaricos’. Esta iniciativa, centrada nas semanas previas ao 14 de febreiro, Día dos Namorados, sorteará premios entre as persoas que merquen no comercio local ata 12 de febreiro, día no que se celebrará un sorteo online onde se coñecerán aos gañadores e gañadoras.

Para o rexedor da vila, Juan Blanco, trátase dunha iniciativa “de apoio ao comercio local, ao de proximidade, ao que xera riqueza aquí e fai comunidade”. O alcalde considera que son os negocios da localidade “os que seguen a dar servizo ás veciñas e veciños durante os duros tempos que estamos a atravesar”, e por iso “temos que comprender que cada euro gastado no comercio local xera un retorno positivo no noso municipio, dinamiza a nosa economía e multiplica a nosa capacidade de resposta a situacións coma esta pandemia”.

O concurso repartirá dous galardóns de 125 euros para que a veciñanza gañadora os gaste nos negocios adheridos á promoción, e dúas comidas por un valor de 60 € cada unha en calquera restaurante do municipio. Tamén se sortearán 61 vales de dez euros. As rifas entregaranse por compras nos locais adheridos. Na tarde do venres 29, a tenente de alcalde, Beatriz Alvite Novío, e o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Sanmartín Rial, acudirán aos diversos comercios que forman parte da campaña para facerlles entrega das rifas para os certames e dos carteis que os distinguen como participantes.

TORDOIA Por certo que o Concello de Tordoia vén tamén de pór punto e final o pasado sábado a súa propia campaña de apoio ao pequeno comercio. Neste caso sortearanse hoxe na casa consisotorial dous boletos de cen euros cada un entre os participantes. O importe económico deberá gastarse nos locais que participaron.

Neste caso a veciñanza conseguía un boleto, para poder optar aos vales económicos, ao acumular seis selos (cada un obtíñase ao facer un gasto mínimo de 10 €). Logo o boleto depositábase nas urnas sitas nos establecementos tordoienses. A.P.

01 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.