Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

En marcha os traballos que lle darán a Sergude nova depuradora nun ano

BOQUEIXÓN. As obras de execución da nova estación depuradora de augas residuais de Sergude, en Boqueixón, xa están en marcha. Unha actuación que conta cun investimento de máis de 1,8 millóns de euros, dos que o Concello aporta 360.000, e que ten un prazo de execución de doce meses. A intervención do departamento que dirixe Ethel Vázquez, ten como obxectivo “mellorar as infraestruturas de saneamento nos núcleos de Sergude e de Lestedo e unificar o tratamento das súas augas”, sinalan dende a Xunta. A capacidade de tratamento das augas residuais da depuradora existente, deseñada para mil habitantes equivalentes, resulta insuficiente. Os traballos consisten na execución da estación depuradora de augas residuais en Sergude e colectores, deseñada para 3.000 persoas equivalentes, o que permitirá triplicar a capacidade da actual. Está situada xunto á xa existente e, mentres se acometen as obras, a antiga permanecerá en servizo. A nova depuradora incluirá os seguintes procesos: liña de auga, liña de fangos e redes auxiliares de proceso. As actuacións contan co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. A.P.

10 may 2021 / 18:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.