Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

ENTREasPONTES revoluciona a praia estradense de Pontevea con servizos, ocio fluvial e actuacións

Instalouse un novo local hostaleiro con produtos galegos, mobiliario e haberá actividades para toda a familia durante a vindeira fin de semana

A área fluvial estradense da Praíña reabre esta fin de semana en Pontevea cun novo local hostaleiro e mobiliario para o lecer. Ademais, e segundo suliñan dende a asociación ENTREasPONTES, despois de entrar en vixilancia sanitaria (unha catalogación que conleva o control periódico da calidade da agua para o baño), xa está máis preto a entrada deste espazo no censo oficial de zonas de baño de Galicia.

Así, ENTREasPONTES, inmersa nunha campaña de captación de socios, divulga precisamente os vantaxes que terán os seus membros, como o uso de barbacoas ou do mobiliario exclusivo para asociados. Entre as novidades feitas públicas pola entidade neste espazo está demolición do antigo Chiringuito da Praíña, que foi financiado polos propietarios da finca dentro das cláusulas do contrato de arrendamento por vinte anos. Deste xeito, o espazo “gaña en amplitude, integración paisaxística e en seguridade xa que a construcción representaba un obstáculo para as enchentas do río Ulla e tamén un perigo para os usuarios por desprendementos de cascotes debido o estado semirruinoso da estructura”, segundo os seus responsabeis.

Do mesmo xeito, a Praíña contará con chiringuito ata mediados de outubro, cunha aposta polos produtos galegos, con sidra da Estrada, en colaboración coa Sidrería Rabiosa, e distintos grifos de Estrella Galicia. No que atinxe á oferta gastronómica, incluirá principalmente hamburguesas de carnes galegas. bocatas e patacas fritas, ademais de pulpeira os domingos e festivos ao mediodía. E no eido cultural, a aposta será por bandas e músicos emerxentes afincados en Galicia pero abertos a propostas tamén contemplando a posibilidade de actuacións de teatro o aire libre con compañías de concellos próximos.

O programa arrinca este venres 28 coa apertura da caseta de hostalería ás 15.00 horas, campaña informativa de ENTREasPONTES e zona camper gratuita de 12.000 metros cadrados para autocaravanas, caravanas e campers. O sábado presentarase ás 10.00 horas a nova ruta de sendeirismo acondicionada e guiada pola asociación, de 5 km e para todos os públicos. De 13.00 a 15.00 horas, sesión vermú con presentación de productos da Sidrería Rabiosa da Estrada entre os cales hai 2 tipos de sidra e unha xenebra elaborada con mazás autóctonas. E de 18.00 a 23.00 horas, postos con pulpeira e Sidrería Rabiosa, incluíndo inchables tipo flotadores e pelotas para que xogue a rapazada.

Para rematar, o domingo haberá apertura do chiringuito e postos dende as 11.00 horas, campaña de socios e, de 16.00 a 21.00 horas, presentación e información do aluguer de embarcacións de Absolute Aventura, con kaiaks e material de Paddle Surf.

25 may 2021 / 13:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.