Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 16 agosto 2022
18:05
h

Entrega de axudas PEL a 115 empresarios xalleiros

XALLAS. A nova alcaldesa de Santa Comba, a popular María Pose, informa de que o Concello vén de aboar os fondos do PEL Reactiva (Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social) a un total de 115 empresarios, comerciantes e autónomos deste municipio que cumpriron con requisitos estipulados. E do mesmo xeito, xa están expostos no Edificio Multiusos os planos da concentración parcelaria de Arantón e Santa Sabiña. Os boletíns de atribucións que non se recolleron no día de onte, poderán retirarse na casa de cultura de Santa Comba a partir do 16 Agosto ata o día 31 en horario de 09.00 h a 14.00 horas. A xente que o desexe pode consultar os planos na páxina web da Xunta de Galicia na web da Consellería de Medio Rural. O prazo de alegacións será dun mes contado a partir do pasado día 5 de agosto, e dende a Xunta pregan que se fagan preferentemente en formato dixital na Sede Electrónica galega. m.m.

09 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.