Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘EntreSoños’ de Fran Sieira pecha a súa xira no Milladoiro

Foi o espectáculo máis programado a través da Rede Galega no 2019 // A cita será na casa da cultura e o aforo está completo

EntreSoños de Fran Sieira, compañía de danza con máis de vinte funcións e o espectáculo de danza máis programado a través da Rede Galega no ano 2019, pecha a súa xira 2020 na casa da cultura do Milladoiro esta tarde ás 20.30 horas. Farao co aforo COVID ao completo.

EntreSoños é unha obra de baile e música tradicional galega de 60 minutos de duración, cun elenco artístico de tres bailadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó, ao son do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos. Todo isto está integrado nun marco escénico deseñado por Luis Perdiguero (iluminación) e Vanesa Hernández (DiiVANT) como escenógrafa, e dende unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilarinyo, que segundo Sieira, “sitúa a obra nun marco contemporáneo, rompendo pasos e estruturas tradicionais, abrindo a danza galega a un campo infinito de posibilidades”, explica.

Fran Sieira é un bailador do concello de Ribeira que compaxina o labor como mestre de baile e música tradicional en diferentes colectivos da súa comunidade, co empresarial, a través da súa propia compañía profesional de danza (Fran Sieira, compañía de danza). EntreSoños trátase do primeiro traballo da mesma e, en verbas de Sieira, é un espectáculo “que combina tradición e vangarda, con voces en directo, unha forte dramaturxia e todo a través do baile e a música tradicional como principal mecanismos de expresión”.

A obra está causando unha gran expectación en todo tipo de públicos, con presentacións en Ourense, Ribadeo, Narón, Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela, Carballo, Lugo, A Coruña, Ribeira, Arteixo, Vigo, O Barco, Monforte de Lemos, Cedeira e participaron no Festival Escena-Patrimonio 2019 na cidade de Toledo.

En definitiva a compañía, como eles mesmos din, busca novas posibilidades para o baile tradicional de Galicia, estudando o movemento a través da danza galega e falando mediante a mesma. Isto, sumado á profesionalidade do elenco artístico, conseguiu que o espectáculo inagural acadase tanto éxito en toda a comunidade.

23 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.