Envorca un turismo sen provocar feridos na Baña
Emerxencias de Brión participou no operativo mobilizado diante da saída de vía dun vehículo na localidade de Cabanas (A Baña), aínda que sen feridos, este martes ás 11.00 horas. E foron os bombeiros de Santa Comba solicitaron a colaboración do GES brionés tras detectar persoas atrapadas no interior do vehículo.
Ata o veciño concello da Baña desprazáronse tres técnicos do GES brionés coa Bomba Lixeira Urbana (BUL) e o Vehículo de Intervención Rápida (VIR) pero, unha vez no lugar do sinistro, comproban que finalmente as persoas ocupantes do vehículo puideron saír del polos seus propios medios e mesmo non precisaron da atención da ambulancia que se desprazou á zona. Como o vehículo quedara xa inicialmente volcado fora da estrada, foi retirado por unha grúa en presenza dos axentes de atestados da Garda Civil de Tráfico.