Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 27 octubre 2021
08:52
h

Escola infantil gratis para o segundo fillo en Padrón

Padrón. O goberno de Padrón levou ao pleno celebrado na tarde de onte unha proposta de acordo para modificar a ordenanza municipal que regula a prestación do servizo público da escola infantil co obxectivo de instaurar a gratuidade de atención educativa de 0 a 3 anos a partir do segundo fillo ou filla, sempre que o primeiro non supere os 18 anos de idade. Proposta que saíu adiante.

Asemade, o equipo de goberno padronés propuxo que as familias de acollida con medida de tutela ou garda teñan unha exención total da cota de atención educativa.

“Trátase de dúas medidas necesarias para a cidadanía do noso municipio, que ademais suporán unha gran axuda económica para moitas unidades familiares”, explicou o alcalde, Antonio Fernández Angueira. “O goberno que dirixo afánase día a día por facilitar a vida da poboación de Padrón, e esta proposta é froito dun intenso traballo por defender os dereitos das familias, por promover a conciliación da vida laboral e familiar e por aliviar as cargas económicas da nosa veciñanza”, incidiu o rexedor. s. e.

27 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.