Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Esixen datos ao ‘voar’ unha escultura de Rivas en Brión

A Maía. O BNG censura o “silencio” do Concello de Brión sobre a desaparición da escultura de Silverio Rivas que se atopaba no recinto do antigo IES Esparís, na parroquia de Viceso. Despois de que saíra a nova á luz, o grupo municipal nacionalista rexistrou unha petición de información nas dependencias municipais. E pasadas dúas semanas, o goberno local “nin respondeu, nin indicou sequera se está a estudar a petición”.

Para o candidato do BNG brionés, Xosé Penas, este xeito de actuar do Concello non só é un “desprezo” á oposición, senón tamén aos veciños, que semanas despois tras denunciarse os feitos, “ven como as autoridades locais, moi activas nas accións propagandísticas en redes sociais, esquivan completamente un feito desta gravidade”.

Xosé Penas lembra que a escultura “financiouse con diñeiro público” e que “a protección e vixilancia do patrimonio local é unha obriga de quen goberna”. Tamén afirma que “a día de hoxe, malia que o solicitamos por escrito, non sabemos se a escultura estaba inventariada, se foi o propio Concello o que ordenou o seu traslado ou destrución, se presentou denuncia pola súa desaparición ou se se tomarán medidas” para que non se repita. O.D. Vilar

18 ene 2023 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.