Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Esixen novos acuíferos para a traída pola seca en Dubra

Dubra. O grupo municipal de Anova en Val do Dubra alerta de que as actuais condicións metereolóxicas, de moita calor e seca prolongada, así como as plantacións masivas de eucaliptos na contorna dos mananciais do Picoto de Rial, de onde procede a auga que abastece a maior parte de poboación do concello, están a mermar gravemente o volume da traída que chega ao depósito municipal, polo que avogan por buscar novos acuíferos para abastecer.

Así, e ante esta situación “alarmante”, o portavoz do grupo municipal, Antonio Negreira, insta ao goberno local a que coa maior urxencia se poñan en marcha unha serie de medidas preventivas para mellorar a captación actual e se busquen novos mananciais próximos ao depósito, tal como se contempla no plan de prevención da seca, para evitar situacións graves de desabastecemento.

“Lamentablemente as recomendacións de diminuír o consumo dificilmente van poder ser efectivas, dado que parte das explotacións gandeiras e moitos veciños que cultivan a súa propia horta para produción de alimentos de autoconsumo, ao achicarse a auga dos pozos e traídas particulares, estanse vendo obrigados a tirar da auga pública”, apuntan. M. M.

11 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.