Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Esixen que Ames informe sobre se a contratación feminina é real

A Maía. O PP amesán critica que o alcalde incumpra “sistematicamente as cláusulas especiais introducidas na contratación municipal para o fomento do emprego das mulleres, evidenciando un nulo interese por estas cuestións”, tras revisar os contratos do ano 2019.

Deste xeito, lembran que se a nivel estatal os socialistas descolgáronse do top ten de igualdade de xénero retrocedendo dez postos no índice WPS, en Ames “ocorre algo similar, continuando polos mesmo rego que os seus correlixionarios, acreditando un escaso interese pola empregabilidade” feminina.

Así o deducen dos “reiterados incumprimentos” das cláusulas contractuais por parte das empresas coas que rexedor asina os contratos de obras municipais. Aportan os populares que é sabido que a normativa estatal que regula a contratación administrativa “esixe o cumprimento de determinadas obrigas” e estipula, textualmente, que “será obligatorio el establecimiento en el pliego de cláusulas administrativas particulares de al menos una de las condiciones especiales de ejecución de entre las que enumera el apartado siguiente”, referíndose claramente a “consideraciones de tipo social o relativas al empleo, pudiéndose introducir, entre otras, con alguna de las siguientes finalidades: ...eliminar las desigualdades entre el hombre y la mujer en dicho mercado”.

Pois ao seu xuizo, non se está a cumprir, e aínda que se recolle na contratación pública a obriga de que o adxudicatario da obra comprométese á contar cunha muller desempregada durante a vixencia do contrato, non se fai, a pesar de ser unha causa de resolución.

E tras revisar as obras realizadas ao longo do ano 2019, constaron que nun importante número “o adxudicatario non acreditou o cumprimento de dita condición, circunstancia pola cal o grupo municipal popular solicitou coñecer se a día de hoxe acreditaron as adxudicatarias o cumprimento”. Por iso, o PP solicitou coñecer se a día de hoxe confirmaron as adxudicatarias o cumprimento desta especial condición, o motivo do seu incumprimento e as medidas adoptadas. O.D. Vilar

08 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.