Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Esixen que se amplíe dunha vez a estrada Dubra-Xallas

Val do Dubra. Anova de Val do do Dubra denuncia a paralización do proxecto de ampliación e mellora da estrada de Portomouro a Santa Comba, no que nos últimos anos a Xunta non se leva investido un euro. O portavoz desta formación, Antonio Negreira, considera especialmente urxente unha actuación seria que dea unha solución definitiva e de calidade á travesía de Portomouro, convertida nun punto negro pola inseguridade e falta de capacidade.

A situación desta estrada, que vai polo interior do núcleo de Portomouro (paso obrigatorio para acceder de Santiago a Santa Comba e, tamén, a Val do Dubra e Carballo) non reúne “as condicións de seguridade mínimas necesarias para a poboación nin para o tránsito de vehículos cada día”, di.

Asegura que as carencias desta travesía están “a arruinar o desenvolvemento do núcleo de Portomouro e constitúen un auténtico tapón para o tránsito rodado”, xa que desde a apertura da rotonda do Romaño, que dá acceso ao Polígono do Tambre, centos de camións optan por esta vía de acceso e saída de mercancías, e en Portomouro vense obrigados a ceder o paso ou sufrir retencións, especialmente complicadas, sobre a ponte do Tambre. ECG

18 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.