Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Esixen que se limpe e coide a senda ciclista e peonil teense

Teo. José Manuel Guerra, voceiro do Partido Popular de Teo, vén de denunciar o mal estado que presenta a senda peonil e ciclista do sur e centro do Concello de Teo, que amosa “abandono e falta de limpeza”, cando os traballos para a súa construción remataron hai tan só uns meses.

Guerra, que recolle o sentir dos veciños das zonas afectadas, non se explica como pode ocorrer algo así tan pouco tempo despois, cando se trata dun carril de case 13 quilómetros de lonxitude, cun investimento que rolda os 3 millóns de euros. Por iso, reclama ao Concello “que se poña as pilas canto antes para corrixir esa situación intolerable”.

O PP denunciou “insistentemente a deficiente execución dese proxecto de senda peonil e ciclista, derivada da chapuza da exedil de Urbanismo Lemus”, din, e que derivou segundo Guerra nun “perigoso estreitamento da calzada, con varios treitos nos que non collen dous vehículos en cada sentido ao mesmo tempo”. “Os condutores que circulan por Teo o comproban cada día”, engade o voceiro popular, “xa que seguen a ter que montar na beirarrúa en varias zonas”. Tamén suliña que xa se produciron varios accidentes porque os 4 edís que gobernan en 17 non remediaron a “desfeita”. ODV

09 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.