Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Esixen un bono comercio para evitar peches en Val do Dubra

Val do Dubra. Anova de Val do Dubra reclama a posta en marcha dun bono comercio para evitar máis peches comerciais nos dous núcleos.

Así, lembran que Bembibre e Portomouro, especialmente a partir da pandemia, “viven unha situación de deterioro tal que está a comprometer seriamente a continuidade da pouca actividade comercial que queda neles: solares cheos de maleza, beirarrúas intransitables e sen limpar, deterioro dos locais, casas en venta que ningunha oferta por elas, negocios e bares que pechan e marchan a tentar sorte noutros lugares da contorna, alarmante caída da actividade nos negocios que aínda resisten e que moitos días que abren non fan para os gastos”, enumeran, o que ao seu xuízo pon en risco “a perda de identidade dos veciños co seu territorio ó sentir que non lles garante posibilidades de vida, desarraigo e abandono é o que se percibe diariamente nas conversas”.

Por iso, volven a solicitar do goberno tripartito a creación dun bono municipal de 100 € por familia para consumir nos negocios locais antes de fin de ano. “Deste xeito axudamos a comerciantes e veciños e non temos que desprazarnos para aproveitar as ofertas e axudas doutros”, din. ECG

30 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.