Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Esixen unha mesa que trate os retrasos do bus na Baña

A Baña. O PSOE da Baña reclama a creación con carácter inmediato dunha mesa de traballo diante da continua problemática e retrasos do transporte escolar. E tamén esixen unha xuntanza urxente, na que estean presentes os representantes dos partidos políticos que forman a Corporación; as familias usuarias do servizo; responsables do CPI, xa sexa a través da dirección ou do consello escolar; unha representación da ANPA; un representante da Consellería de Mobilidade e outro da empresa Monbus.

Ademais de lembrar que o pasado xoves os alumnos volveron a chegar tarde polo retraso do bus, critican “o mal estado dos vehículos, sen cintos de seguridade, portas que non abren, goteiras e incluso a falla de limpeza, está a ser algo constante no servizo”. A isto suman tamén “os continuos atrasos á hora de recoller aos usuarios, e incluso a ausencia do servizo o pasado día 16 do mes de maio”, obrigando aos viaxeiros a se desprazar pola súa conta. M.M.

03 jun 2022 / 13:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.