Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Esquecen avisar a familias do centro escolar de Ventín de facer a corentena

Recibiron sen previo aviso as chamadas dos rastrexadores despois dun positivo nas aulas

Ames. A volta á escola está a ocasionar gran número de positivos nas aulas, unha situación que está a condicionar o día a día dos estudantes e dos seus familiares, que se ven obrigados a cesar a súa actividade (escolar e laboral) para poder facer a necesaria corentena fonte á covid-19.

Con todo, e a pesar da gravidade da situación actual, non deixa de sorprender a aparición de casos nos que non se segue correctamente a normativa sanitaria. É o caso do CEP de Ventín, en Ames, onde os membros da ANPA están indignados por “un fallo gravísimo” no protocolo anticovid do centro. Segundo explican fontes do colexio, o pasado domingo 4 de outubro familias dunha aula de Primaria do CEP de Ventín recibiron, sen previo aviso, chamadas de persoas que se identificaron como rastrexadores (nalgúns casos do Sergas e noutros do Exército) para informalas de que remataba a corentena de dez días que se establecera para a súa aula, provocada por un positivo confirmado o día 24 de setembro. Unha noticia que foi toda unha sorpresa para os pais e nais, que descoñecían estar en corentena, segundo afirman ao respecto fontes da ANPA da escola.

Nalgúns casos estas familias chegaron a recibir varias chamadas contraditorias, primeiro para dicirlles que o luns comezaban unha corentena de 10 días, e despois rectificando a información e indicándolles que se trataba do final da mesma. Non obstante, “ningunha fora avisada do principio da necesaria corentena e, polo tanto, eses 10 días estiveron facendo vida completamente normal e as súas fillas e fillos asistindo diariamente ao colexio”, apuntan asimesmo os afectados.

Desde a ANPA sinalan que “é aínda máis sorprendente que despois diso non se tomara ningunha medida para avaliar o alcance e as consecuencias deste erro”, e que a única indicación foi que “os nenos e nenas que se saltaran sen sabelo a corentena voltasen o luns a clase con normalidade”, engade o colectivo.

Nunha queixa presentada ás autoridades sanitarias e educativas tamén reclaman solucións para que o caso non se volva repetir e que se poña en marcha o chamado covid-auto escola, que fora anunciado recentemente pola Xunta de Galicia. A. P.

07 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.