Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Estenden o saneamento e maila traída por Bugallido

A Maía. O alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos de Ames, Blas García, e mailo concelleiro do Rural e Participación Cidadá, Santiago Márquez, achegáronse ata Guimaráns (parroquia de Bugallido) para revisar o estado das obras que levarán a esta aldea e á das Buceleiras os servizos de saneamento e abastecemento. Estas actuacións, que están incluídas no Ciclo Integral da Auga (CIA), foron adxudicadas á empresa Construcciones Iglesias Mera S.L. por un importe de 68.164 euros.

Para a execución do saneamento é necesario realizar dous cruces con topo na estrada DP-0205 Bertamiráns-A Ramallosa, e abranguerá 750 metros. Previamente faranse as demolicións necesarias e a execución da gabia, instalándose 15 pozos de rexistro en beirarrúa e 7 en calzada. Após emprazar a tubaxe, acometerase o recheo e compactación da gabia, incluíndose outros 345 metros de canalizacións para abastecemento, e máis tres arquetas para aloxamento de chaves. Unha vez ubicadas esas redes, reporanse os pavimentos nas zonas necesarias. Nos camiños de saburra aplicarase estendido e compactado de 12 centímetros deste material artificial, e no treito de regas recargarase con 15 centímetros de grava, máis rega semiprofunda na zona da gabia e bacheo, con 10 centímetros de grava máis rega semiprofunda de novo no firme non afectado. M.O.

19 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.