Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Estudan levar aos tribunais a restauración na Casalonga

Teo. A comisión especial de seguimento da canteira teense da Casalonga abordou a posibilidade de recorrer o Plan de restauración de Toysal para a explotación do espazo. O Concello ten apelado este plan administrativamente, mais nesta xuntanza falouse da posibilidade de facelo diante do xulgado, acordo que tomará a Corporación local nas vindeiras semanas.

Esta comisión contou coa asistencia dun representante da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos e dos voceiros dos grupos municipais. Ademais, e de xeito extraordinario, permitiuse a asistencia de máis membros da Plataforma, pero só como oíntes.

A reunión convocouse para volver a explicar a decisión municipal sobre a expropiación da pista da canteira por parte da Xunta. O Concello ten recurrida esa expropiación no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo acordou o pleno o pasado mes de outubro, e o executivo local reiterou que “a nivel xurídico e administrativo esta é a decisión máis intelixente e garantista diante deste proceso impulsado pola Xunta”, reiterándose na crenza de que “recorrer a inscrición da pista no Catastro e no Rexistro sen contar cun título de propiedade non conduce a nada favorable”, opinan. O.D. Vilar

23 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.