Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Estudantes de Vedra coñeceron o proxecto das rutas guiadas online

Vedra. A técnico de turismo do Concello vedrés, Charo Canicova, visitou ao alumnado de 1º da ESO do CPI Plurilingüe de Vedra con ánimo de darlles a coñecer o proxecto ‘V 12 De parroquia en parroquia’, unha iniciativa que dá a coñecer de forma virtual o patrimonio e a historia da vila. Os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de entrevistala para saber como se artella esta iniciativa e coñecer os contidos que se están a preparar para as visitas dos vindeiros meses.

A proposta arrancou o pasado novembro con seis vídeos nos que Charo Canicova, móbil en man, amosa cada recuncho da Ponte Ulla. Este mes tocoulle o turno á parroquia de Vedra, con sete pezas audiovisuais nas que se fala de como era a vida na Galicia de finais do século XIX e principios do XX e tamén da emigración. De feito interveñen veciños de Vedra e unha arxentina. Poden verse na páxina de Facebook @turismoVedra e na web www.concellodevedra.com. A.PRADA

27 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.