Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Evacuada en helicóptero despois de sufrir un accidente en Santa Comba

Unha muller de mediana idade sufriu na mañá deste luns un accidente á altura da localidade xalleira das Travesas polo que tivo que ser evacuada a mediodía no helicóptero medicalizado con base en Santiago. Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda, despois de producirse unha saída de vía na estrada que une Santa Comba e Baio, na Coruña. No seu relato, indicaba que a persoa que conducía o turismo chocara contra un muro e, aínda que estaba liberada e accesible, era precisa a asistencia médica urxente.

De inmediato, desde o 112 púxose a situación en coñecemento do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, ao momento, notificou o desprazamento dunha das súas aeronaves medicalizadas ata o lugar do accidente. Así, para prestar apoio aos profesionais sanitarios, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Santa Comba, que axudaron aos profesionais sanitarios na evacuación do ferido. Deste xeito, o afectado puido ser conducido ata o helicóptero e, posteriormente, trasladado ata o centro hospitalario de referencia.

Ata o lugar, moi preto da parroquia de Santa Sabiña, tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, ademais dos efectivos de Protección Civil da localidade.

24 oct 2022 / 18:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.