Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Evacuado un motorista que caeu preto da ponte negreiresa de Barbazán

En Ordes resultaron feridos dous ocupantes dun turismo nunha colisión múltiple

Un particular alertou ao 112 Galicia tras atopar un motorista que sufrira unha saída de vía á altura da ponte do río de Barbazán, en Lueiro (Negreira), sobre as 15.00 horas deste xoves. Nun primeiro momento, o piloto quedou tendido no chan, inmóbil aínda que consciente. De inmediato, dende o 112 informouse aos servizos de emerxencias. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ao seu persoal a bordo dunha ambulancia.

Unha vez no lugar, foron asistidos polos Bombeiros de Santa Comba á hora de mover ao ferido, que recibiu atención médica e que foi finalmente trasladado ao centro hospitalario. Tamén participaron a Garda Civil de Tráfico e o GES de Brión.

E xa no concello de Ordes, dúas persoas, ocupantes dun mesmo turismo, foron trasladadas tras unha colisión na que se viron implicados tres vehículos. No operativo do accidente, que se produciu ás 18.15 horas da tarde (tamén deste xoves), tomaron parte, ademais dos servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Ademais, informouse aos Bombeiros e á Policía Local.

29 sep 2022 / 20:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.