Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Excursión ao Aquapark de Cerceda e acampadas na vila vedresa

Continúa o programa Pasatempo de Verán, con propostas para todos os públicos

Vedra. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Vedra está a desenvolver unha variada programación, dirixida a todas as idades e ao aire libre, baixo o nome de Pasatempo de Verán. Son iniciativas que se realizan en pequeno formato e para as que hai que inscribirse previamente, con ánimo de conseguir que os vedreses e vedresas poidan desfrutar de actividades presenciais con seguridade.

O mes de xullo xa se despediu cargado de propostas, pero neste agardan moitas máis. As próximas son a excursión ao Aquapark de Cerceda mañá xoves. A actividade está dirixida á mocidade de entre 12 e 16 anos e o prezo é de 10 euros. Ao día seguinte, desenvolverase na área recreativa de Agronovo unha noite de acampada. Será das 19.00 ás 12.00 horas do sábado 14 e está destinada á rapazada de 6 a 12 anos. Tamén o venres, día 13, está prevista unha sesión de teatro con Andaravía A.C. Papaventos e a súa obra de estrea, XacoVedra, na Nave da Estación de Santa Cruz de Ribadulla ás 21.30. O día 14 está programada unha nova ruta en piragüa polo Ulla. A hora de quedada é ás 10.00 horas e o prezo son 18 euros por persoa.

A mocidade de 12 a 16 anos tamén terá a súa noite de acampada, neste caso na área de recreo de Cubelas, o vindeiro día 20. A actividade desenvolverase das 19.00 ás 12.00 horas do día seguinte. Hai que lembrar que para todas as actividades é necesario inscribirse previamente na web www.concellodevedra.gal por motivos de aforo e seguridade. c.e.

11 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.