Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Falece Máximo Sar, Fillo Adoptivo de Caldas e colaborador de EL CORREO

Caldas. As localidades de Caldas e Padrón están de loito polo falecemento do escritor e xornalista Máximo Sar, que foi durante anos xuíz da vila pontevedresa na que residiu, e padroeiro da Fundación Rosalía de Castro. Fillo adoptivo de Caldas de Reis, tamén EL CORREO GALLEGO perde co seu adeus a un querido colaborador, e columnista de La Noche.

Maximino Rodríguez Buján (Padrón, 1922) foi durante moitos anos xuíz de Caldas de Reis, onde residiu, e tamén membro do Padroado da Fundación entre 1964 e 1978, durante os mandatos de Octavio Sanmartín e Agustín Sixto Seco, e tivo as responsabilidades de coordinador de delegacións. Entre os seus ultimos actos públicos, está a doazón, en 2014 á Fundación Rosalía de Castro, da que el foi padroeiro, do seu arquivo documental sobre a mesma. Entre os papeis destaca a correspondencia e os documentos das distintas xestións levadas a cabo como coordinador por este veterano activista cultural do galeguismo. Tamén diversas listaxes de protectores da Casa-Museo, polo que o seu valor é moi importante á hora de reconstruír a historia de todo un soño, como foi a recuperación da Casa da Matanza.

A Fundación Rosalía destaca o seu traballo no Facebook: “Vimos de coñecer a nova do pasamento de Máximo Sar, xuíz, escritor e xornalista, alén de estreito colaborador desta Fundación (daquela Patronato) desde os anos 50 e fundador dos Premios Pedrón de Ouro. Maximino Rodríguez Buján foi o principal executor da subscrición popular que fixo posible a recuperación da Casa da Matanza nos anos 70. As nosas condolencias para a súa familia”, escribían.

Indicar que este venres farán un acto de despedia no tanatorio San José de Caldas, a partir das 18.00 horas, e despois trasladarán os seus restos ata Vilagarcia. cg

16 jun 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.